jueves, julio 17, 2008

Crónica da obra teatral "Arte" que puidemos disfrutar onte no auditorio de Vilamarín

As noites teatrais regresan como cada verán ó Concello de Vilamarín. Este martes iniciouse esta XXI edición coa representación da obra “La viuda astuta” do grupo madrileño MDM producciones, e onte puiden disfrutar dende a segunda fila do Auditorio Municipal da posta en escea da obra “ARTE”, da escritora, actriz e dramaturga francesa Yasmina Reza.

Unha posta en escea brillante a cargo da compañía galega Fulano, Mengano e Citano.

A través dun teatro creativo, pero dentro da liña do humor ácido e intelixente, Manuel Botana, Suso Pando e Manuel Pombal amósannos unha comedia para pensar (algo que quizais de cando en vez non nos veña mal a ninguén), un xogo no que fuxindo da anécdota desvélanse preguntas que se plantexan unha sociedade moderna, na que os cartos se convirten en referencia de calidade.


Sinopse: Sergio acaba de mercar un cadro branco, totalmente branco, y polo que pagou 60.000 €. Marcos, que odia o arte moderno, no comprende como a un amigo seu, sobre o que tiña certa opinión positiva, se lle pode ocurrir pagar esa suma de diñeiro por "semellante trapallada" ou "unha merda é unha merda, pero unha merda branca".

Entón intervén Iván, o terceiro en discordia, no seu papel de mediador intentando apaciguar ás duas partes en conflito, pero lonxe de conseguilo, acaba el mesmo metido no enredo.

Para todos aqueles que non puidestes estar alí, Fulano, Mengano e Citano traerán de novo esta obra a Ourense o día 3 de setembro, concretamente ó Festival de Teatro Galego Fetega que terá lugar no Multifuncional do Carballiño.

E se queredes ir máis lonxe…buscade a oportunidade de ver as anteriores obras desta compañía de teatro galega, como O Faro ou Cheiro de Estrelas.Votaredes unhas risas!!!

E se alguén quere facer crónicas de obras de teatro, concertos,... podeas mandar ó noso correo.

0 comentarios: